Wednesday 01 de May de 2024

Carral celebra a súa primeira Vermufeira cun éxito de asistencia


Carral celebrou, hoxe, a súa primeira Vermufeira asinando un gran éxito de asistencia. O obxectivo desta iniciativa, que se organizará nas feiras municipais dos últimos domingos do mes, é estimular as compras nestes mercados.

A primeira sesión vermú do programa correu a cargo do cantante e compositor, Ángel Habana. Con todo, ademais da animación musical, o público puido degustar polbo e orella á feira, así como churrasco.